Accessibility Tools

Todas

A XUNTA REFORZA A SEGURIDADE EN DOUS PUNTOS NOS QUE O CAMIÑO DE SANTIAGO SE CRUZA CON ESTRADAS LOCAIS

- A concelleira Carmen Gómez comprobou hoxe o estado das obras en Parafita e Cedelo

- Os traballos inclúen a colocación de adoquín e a colocación de nova sinalización

MelloraCrucesCamiño1

Valga, 20 de abril de 2026.

A segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, visitou esta mañá as obras de mellora da pavimentación e da sinalización que a Xunta de Galicia está a executar en dous puntos do Camiño Portugués, ao seu paso por Valga.

Os traballos desenvólvense en Parafita (Xanza) e en Cedelo (San Miguel de Valga), en senllas confluencias da ruta xacobea con estradas locais, co obxectivo de reforzar a seguridade dos peregrinos que percorren o Camiño.

As obras, que son executadas pola empresa CivisGlobal, consisten, por unha parte, na mellora da pavimentación, coa colocación de adoquín nas interseccións para diferenciar o trazado do Camiño de Santiago. A isto engádese o reforzo da sinalización nos cruces para advertir aos condutores da posible presenza de peregrinos na vía e que extremen a precaución.

Os traballos quedarán rematados ao longo desta semana.

MelloraCrucesCamiño2 MelloraCrucesCamiño3