- Antía Piñeiro, mestra titora da escola de Vilarello e candidata a mellor profesora de España, será a pregoeira
- No apartado musical destaca tamén o espectáculo Queiman Folck-Rock, con lume, efectos visuais e conxuro da queimada

Valga, 8 de agosto de 2026.
Valga xa conta os días para a XXXVI Festa da Anguía e Mostra da Caña do País e nestas datas as actividades para enxalzar estes dous produtos multiplícanse con propostas culturais, lúdicas e gastronómicas dirixidas tanto a veciños coma a visitantes.
O día grande da festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, terá lugar o sábado 29 de agosto, co Parque Irmáns Dios Mosquera como punto central das actividades Os asistentes poderán degustar 1.000 tapas de anguía en cinco receitas diferentes: catro elaboradas polo cociñeiro Álex Iglesias e a quinta cociñada polo bar O Pontellón, que foi o gañador do primeiro premio da última edición da ruta “Tapa a Anguía” co petisco Bombón Pontellón”: unha croqueta de anguía rebozada en pasta kataife sobre chutney de mazá.
Esta ano as alternativas para degustar a anguía multiplícanse posto que a Ruta “Tapa a Anguía”, que se celebrará nas dúas últimas fins de semana de agosto, conta co número de participantes máis elevado das últimas edicións. Serán un total de trece os establecementos de hostalería que ofrezan petiscos de balde coas consumicións: Bar Pardal, Pastelería Caprichos, Bar Maneiro, Bar Potel, Café-Bar Pontellón, Bar Juan, Restaurante A Charca, Café-Pub Pirata, Café-Bar Couceiro, Café-Bar Xa Bou, Cafetería Auditorio, Casa Comparada e Bar Alba. As tapas serviranse os sábados 22 e 29 de agosto de 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 23:00 horas e os domingos 23 e 30 de agosto de 12:00 a 15:00.
En canto á augardente, as persoas que se acheguen na noite do día 29 ao Parque Irmás Dios Mosquera poderán adquirir ata catro variedades de cócteles elaborados con caña branca, de herbas e tostada. Ademais, no Centro de Interpretación da Caña terá lugar a demostración de destilado tradicional da augardente a cargo de dous cañeiros de Valga, na que se farán dúas potadas de caña branca e de herbas. E, a medianoite, haberá unha gran queimada popular gratuíta, con conxuro e espectáculo a cargo de Bruxo Queiman.
Para os máis cativos, durante na tarde do sábado 29 celebrarase unha gran festa infantil con inchables para diferentes idades, obradoiros e festa da escuma.
Outro dos actos relevantes da xornada central será a entrega de premios do Concurso da Caña do País, Embelecer Valga, Concurso para elixir o cartel anunciador da festa, mellores tapas e gañadores dos vales de compra da Ruta “Tapa a Anguía”. O pregón da festa correrá a cargo de Antía Piñeiro, mestra titora da escola de Vilarello e candidata a mellor profesora de España (Premios Educa Abanca).
No apartado musical, está previsto un concerto da Banda Municipal de Valga, o espectáculo Queiman Folk-Rock, e a verbena coas orquestras París de Noia e Marbella.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Dende o martes, 11 de agosto:
- Exposición dos carteis presentados ao Concurso para elixir o cartel anunciador da festa. Na Casa do Concello.
Martes, 11 de agosto:
- 21:00 horas: Showcooking “A Caña no prato” a cargo do chef Álex Iglesias, no Parque Irmáns Dios Mosquera. Aforo completo.
Martes, 18 de agosto:
- 21:00 horas: Concurso “Anguía Chef”, no Centro de Interpretación da Caña do País. Concurso de pratos elaborados con anguía. Os participantes deberán presentar as súas receitas, que serán degustadas e valoradas por un xurado. Prazo de inscrición: ata o 14 de agosto.
Venres, 21 de agosto:
- 19:30 horas: “Deitado na area”, concerto de Carolina Rubirosa e Xavier Alcalá en homenaxe a Andres Dobarro. No Parque Irmans Dios Mosquera.
Sábado, 22 de agosto:
- Pola mañá: Visita do xurado aos lugares participantes no concurso Embelecer Valga.
- De 12:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 23:00 horas: XIII Ruta-Concurso “Tapa a Anguía” coa participación dos establecementos Bar Pardal, Pastelería Caprichos, Bar Maneiro, Bar Potel, Café-Bar Pontellón, Bar Juan, Restaurante A Charca, Café-Pub Pirata, Café-Bar Couceiro, Café-Bar Xa Bou, Cafetería Auditorio, Casa Comparada e Bar Alba.
Domingo, 23 de agosto:
- De 12:00 a 15:00 horas: XIII Ruta-Concurso “Tapa a Anguía” coa participación dos establecementos Bar Pardal, Pastelería Caprichos, Bar Maneiro, Bar Potel, Café-Bar Pontellón, Bar Juan, Restaurante A Charca, Café-Pub Pirata, Café-Bar Couceiro, Café-Bar Xa Bou, Cafetería Auditorio, Casa Comparada e Bar Alba.
- 13:00 horas: Demostración de coctelería “Moito máis que caña” a cargo de Álex Iglesias, no Centro de Interpretación da Caña do País. Prazo de inscrición: do 17 ao 21 de agosto.
Martes, 25 de agosto:
- 21:00 horas: Showcooking “Universo Anguía” a cargo do chef Álex Iglesias, no Centro de Interpretación da Caña. Prazo de inscrición: do 17 ao 21 de agosto.
Xoves, 27 de agosto:
- 20:00 horas: Precata do Concurso Tradicional da Caña do País, no Centro de Interpretación da Caña
- A continuación: sorteo dos vales de compra da Ruta “Tapa a Anguía”
Venres, 28 de agosto:
- 20:00 horas: Presentación da botella conmemorativa da XXXVI Mostra da Caña do País.
- 20:15 horas: Cata final do Concurso Tradicional da Caña do País, no Centro de Interpretación da Caña.
Sábado, 29 de agosto:
- De 12:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 23:00 horas. XIII Ruta-Concurso “Tapa a Anguía coa participación dos establecementos Bar Pardal, Pastelería Caprichos, Bar Maneiro, Bar Potel, Café-Bar Pontellón, Bar Juan, Restaurante A Charca, Café-Pub Pirata, Café-Bar Couceiro, Café-Bar Xa Bou, Cafetería Auditorio, Casa Comparada e Bar Alba.
- 16:30 horas: Festa infanfil no Parque Irmáns Dios Mosquera
- 17:00 horas: Demostración de destilado de caña do país no Centro de Interpretación da Caña
- 19:00 horas: Recepción de Autoridades na Casa do Concello
- 20:00 horas: Pregón a cargo Antía Piñeiro (mestra titora da escola de Vilarello e candidata a mellor profesora de España - Premios Educa Abanca)
- 20:30 horas: Entrega de premios aos gañadores dos concursos Anguía Chef, Caña do País, Embelecer Valga, cartel anunciador, tapas gañadoras da Ruta-Concurso Tapa a Anguía e vales de compra.
- 21:00 horas: Actuación da Banda de Música Municipal de Valga.
- 21:30 horas: Degustación de tapas de anguía e cócteles feitos con caña do país.
- 23:00 horas: Espectáculo Queiman Folk-Rock
- 00:00 horas: Queimada popular con conxuro teatralizado a cargo de Bruxo Queiman.
- 00:30 horas: Espectáculo de fogos e luces.
- Verbena coas orquestras Marbella e París de Noia.
Domingo, 30 de agosto:
- De 12:00 a 15:00 horas: XIII Ruta-Concurso “Tapa a Anguía” coa participación dos establecementos Bar Pardal, Pastelería Caprichos, Bar Maneiro, Bar Potel, Café-Bar Pontellón, Bar Juan, Restaurante A Charca, Café-Pub Pirata, Café-Bar Couceiro, Café-Bar Xa Bou, Cafetería Auditorio, Casa Comparada e Bar Alba.

ES
EN