- A Aula CeMIT desenvolveu un obradoiro de realidade virtual
- O Concello mantén a súa aposta por achegar as últimas tecnoloxías a toda a poboación

Valga, 9 de xullo de 2026.
A Aula CeMIT de Valga desenvolveu o obradoiro “Achégate á realidade virtual”, unha actividade na que os participantes puideron mergullarse de cheo nesta tecnoloxía.
O taller incluíu unha introdución á realidade virtual para coñecer os conceptos básicos, formación sobre o uso e configuración dos equipos e, por último, probas e experimentación.
Este era o momento máis agardado, unha toma de contacto lúdica coa realidade virtual, para aprender a usar os mandos, agarrar obxectos virtuais e entender o espazo.
Empregaron ferramentas de creatividade e de exploración como:
- Youtube VR, coa que viaxaron polo mundo e descargaron adrenalina subindo a montañas rusas grazas ao seu extenso catálogo de vídeos en 360 graos.
- Aplicacións educativas: exploraron unha ferramenta de anatomía coa que puideron ver e manipular as diferentes partes do corpo humano en tres dimensións.
Con talleres coma este, o Concello de Valga fai unha aposta por achegar as últimas tendencias tecnolóxicas e a alfabetización dixital a toda a veciñanza dun xeito práctico e gratuíto.

ES
EN