Accessibility Tools

Todas

VALGA, XUNTO A MORAÑA E PORTAS, POÑEN EN MARCHA UN NOVO OBRADOIRO DE EMPREGO QUE FORMARÁ A VINTE PERSOAS EN CARPINTERÍA E TRABALLOS FORESTAIS

- O proxecto formativo inaugurouse esta mañá coa participación dos alcaldes e do delegado da Xunta en Pontevedra

- Invístense preto de 500.000 euros para que os alumnos acaden unha cualificación profesional e se inserten no mercado laboral

ObradoiroEmpregoInauguracion

Valga, 22 de xuño de 2026.

Os Concellos de Valga, Moraña e Portas desenvolven un novo Obradoiro de Emprego que se inaugurou esta mañá e que conta coa participación de 20 alumnos-traballadores que, durante os vindeiros nove meses, recibirán cualificación profesional en dúas especialidades: carpintería e traballos forestais.

Ao acto celebrado en Moraña asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Formación e Emprego, Carmen Gómez. Bello Maneiro destacou que se trata de dúas profesións “con moita demanda de traballadores cualificados” actualmente. Tamén participaron na apertura os rexedores de Moraña e Portas, José Luis Gómez e Ricardo Martínez, así como o delegado territorial da Xunta de Galicia, Pablo Fernández.

A Consellería de Emprego financia este proxecto formativo cunha achega de case 500.000 euros. Ante este importante investimento, os responsables das distintas administracións públicas coincidiron en pedir aos participantes responsabilidade e compromiso para corresponder ao “esforzo” económico realizado. Así mesmo, animáronos a aproveitar ao máximo esta oportunidade para obter unha certificación que lles abra as portas do mercado laboral.

O programa formativo combinará a teoría e a práctica nos dous oficios. Máis aló das aulas, o alumnado reverterá a súa aprendizaxe na sociedade a través de obras de utilidade pública que se executarán nos tres municipios participantes.

A directora do Obradoiro, Mª Carmen Vidal, tamén interveu na inauguración, pendido aos seus novos alumnos a mesma “implicación e entusiasmo” cos que o equipo directivo e docente afronta o inicio deste proxecto.

ObradoiroEmpregoInauguracion2 ObradoiroEmpregoInauguracion3