Accessibility Tools

Todas

PARTICIPANTES NO PROGRAMA DE ENVELLEMENTO ACTIVO, USUARIOS DO CODI E DA AULA CeMIT, COMPARTEN UNHA XUNTANZA DE NADAL Á QUE ASISTIRON O ALCALDE E O DIRECTOR XERAL DE MAIORES

- A actividade foi organizada polo Concello para celebrar as festas e fomentar as relacións sociais

- Recibiron como agasallos unha bola co seu nome para decorar a árbore e xabóns feitos no CODI

XuntanzaEnvellecemento1

Valga, 23 de decembro de 2025.

O director xeral de Maiores, Antón Acevedo, acompañou esta tarde aos participantes no programa de Envellecemento Activo nunha xuntanza de Nadal, na que tamén estiveron usuarios do CODI e das actividades de inclusión tecnolóxica da Aula CeMIT. A xuntanza foi organizada polo Concello para celebrar con todos eles as festas de Nadal e para contribuír a un dos obxectivos do programa: promover as relacións sociais e previr a soidade.

A actividade tivo lugar no Auditorio Municipal e tamén participaron o alcalde, José María Bello Maneiro, e a segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, que compartiron cos veciños asistentes unha merenda con chocolate con churros e interesáronse por como se están a desenvolver os obradoiros de expresión artística, estimulación cognitiva, autocoidado e as andainas polo concello.

E, nestas datas, non podían faltar os agasallos. Todos recibiron por parte do Concello unha bola personalizada co seu nome para adornar a árbore de Nadal, deseñadas e feitas con impresora 3D polos  alumnos dos cursos de novas tecnoloxías da Aula CeMIT. Outro dos regalos foi un xabón elaborado polos usuarios do CODI.

XuntanzaEnvellecemento2 XuntanzaEnvellecemento3

Artículos relacionados

Este sitio web utiliza cookies
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario.