Accessibility Tools

Todas

O PRAZO DE INSCRICIÓN NA RUTA DE SENDEIRISMO DO PROGRAMA “GOZA DO ULLA” ESTARÁ ABERTO ENTRE OS DÍAS 22 E 30 DE SETEMBRO

- A camiñada “Vistas do Ulla e afluentes” celebrarase o 4 de outubro e pasará por lugares coma as fervenzas ou as capelas da Saúde e dos Martores

- Os participantes poden anotarse no Concello, no Auditorio ou a través do correo electrónico Aquesta adreça de correu-e està protegida dels robots de spam.Necessites Javascript habilitat per veure-la.

 

Valga, 18 de setembro de 2025.

O Concello de Valga manterá aberto entre os días 22 e 30 de setembro o prazo de inscrición na ruta de sendeirismo “Vistas do Ulla e afluentes”, que terá lugar o vindeiro 4 de outubro dentro do programa “Goza do Ulla”, co que se quere poñer en valor e promocionar o patrimonio natural e cultural dos territorios bañados polas augas deste río, dende o seu nacemento en Antas de Ulla ata a desembocadura en Vilagarcía de Arousa.

A inscrición pode realizarse no Concello (986 55 94 56), no Auditorio Municipal (986 55 67 69) ou a través do correo electrónico Aquesta adreça de correu-e està protegida dels robots de spam.Necessites Javascript habilitat per veure-la., indicando nome e apelidos, DNI, lugar de residencia e teléfono de contacto.

“Vistas do Ulla e afluentes” é un percorrido circular de dificultade media e 12 quilómetros de lonxitude. Discorre por algunhas das zonas máis elevadas de Valga e, principalmente por zonas de monte, saíndo ás 9:30 horas dende o Centro Social de Parafita.  Visitaranse lugares histórico-culturais como a Capela da Saúde, en Casal de Eirigo, ou a Capela dos Martores. Tamén paraxes naturais coma a Ruta das Fervenzas de Parafita e Raxoi na que, ademais da beleza das ribeiras do río Valga, os participantes poderán contemplar distintas tipoloxías de muíños restaurados.

CartelGozaUlla25

Artículos relacionados

Este sitio web utiliza cookies
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario.