Accessibility Tools

Todas

O PARQUE INFANTIL DA MINA MERCEDES CONTA CUN NOVO XOGO PARA QUE NENOS E ADULTOS COMPARTAN MOMENTOS DE OCIO

- A randeeira “pai-fillo” conta cunha estrutura dobre e enfrontada que permite que dúas persoas se balanceen ao mesmo tempo

- Foi colocada nos últimos días e xa está habilitada para o seu uso

Pai Fillo1

Valga, 28 de febreiro de 2025.

O parque da Mina Mercedes continúa incorporando equipamentos, desta volta un novo xogo para a área infantil, co obxectivo de seguir ofrecendo aos máis cativos alternativas para a súa diversión.

E, neste caso, poderán facelo acompañados xa que xogo colocado nas últimas xornadas é unha randeeira “pai-fillo” que conta cunha estrutura dobre que permite que dúas persoas –un adulto e un neno– compartan momentos de ocio.

Esta randeeira enfrontada está formada por un asento dobre (un plano e unha cadeira envolvente para bebé), de xeito que un cativo e un adulto poidan balancearse á mesma altura sentados un fronte ao outro e mantendo o contacto visual para aportar seguridade.

Ao lado conta con outra randeeira simple con asento plano.

As dúas pezas do xogo están unidas por unha estrutura e traveseiro metálicos.

Pai Fillo2     Pai Fillo3

Artículos relacionados

Este sitio web utiliza cookies
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario.