Accessibility Tools

Todas

Featured

O ENCONTRO DA TERCEIRA IDADE, QUE SE CELEBRARÁ O 3 DE MAIO, TEN ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

- A celebración en homenaxe á poboación máis veterana de Valga terá lugar no recinto do colexio Ferro Couselo

- Haberá autobuses gratuítos, concerto da Banda Municipal, xantar e sorteo de agasallos

Maiores25 1

O domingo 3 de maio é a data na que se celebrará unha nova edición do Encontro da Terceira Idade, a número vinte e oito, unha homenaxe á poboación máis veterana de Valga, que poderá gozar dunha xornada de confraternidade entre veciños e con diversas actividades lúdicas.

Neste festexo poden participar os veciños que teñan cumpridos 65 anos ou que os cumpran durante este ano 2026. Nos vindeiros días informaráselles por carta sobre os detalles da celebración, que terá lugar no recinto do colexio Xesús Ferro Couselo. Para asistir haberá autobuses gratuítos, con parada nos lugares habituais.

As inscricións poden realizarse no Concello (986 55 94 56), no Auditorio (986 55 67 69) ou enviando un correo electrónico ao enderezo Aquesta adreça de correu-e està protegida dels robots de spam.Necessites Javascript habilitat per veure-la., indicando nome e apelidos dos asistentes, enderezo e se empregarán ou non o servizo de autobús. O prazo para anotarse estará aberto ata o día 21 de abril.

O programa de actividades previsto para ese domingo dará comezo ás 13:00 horas coa actuación da Banda de Música Municipal de Valga e, a continuación, terá lugar un xantar popular. No transcurso da xornada haberá sorteo de agasallos doados por casas comerciais e entidades de Valga e da contorna e tamén se entregará un recoñecemento ao home e a muller de maior idade que participen no encontro, así coma aos asistentes que estean de aniversario.

EncontroMaiores