Accessibility Tools

Todas

O CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL, NO QUE PODEN PARTICIPAR ALDEAS, ASOCIACIÓNS, COMERCIOS E PARTICULARES, AUMENTA O NÚMERO E A CONTÍA DE PREMIOS

- As composicións decorativas deben expoñerse entre o 18 de decembro e o 7 de xaneiro e ser visibles dende a vía pública

- O prazo de inscrición, no Concello ou por correo electrónico, estará aberto entre o 16 de novembro e o 18 de decembro

 

Valga, 19 de novembro de 2025.

O Concurso de Decoración de Nadal e Beléns Artesanais aumenta, na súa segunda edición, o número de premios e tamén a súa contía, que superará os 2.000 euros sumando as cantidades económicas e os agasallos que recibirán os participantes.

O certame, que busca promover a creatividade, dinamizar os diferentes núcleos do municipio e fomentar o embelecemento do espazo público durante as festas do Nadal, distingue nesta edición, dúas categorías: grupal e individual. Na primeira poden participar aldeas, asociacións, comunidades e grupos veciñais. As tres mellores decoracións serán premiadas con 300, 200 e 150 euros en vales de compra para o comercio local. Outorgarase tamén un premio especial para fomentar a participación colectiva, a cooperación e o reforzo dos lazos veciñais.

En canto á categoría individual, na que poden inscribirse establecementos comerciais e particulares, os premios serán de 200, 150 e 100 euros.

As bases do concurso tamén contemplan a entrega doutros dez vales de 50 euros aos participantes coas seguintes mellores puntuacións, así como o agasallo dun Roscón de Reis a todos os premiados.

O prazo de inscrición estará aberto entre os días 16 de novembro e 18 de decembro, presentando a folla cuberta no rexistro do Concello ou enviándoa ao enderezo electrónico Aquesta adreça de correu-e està protegida dels robots de spam.Necessites Javascript habilitat per veure-la..

Á hora de designar aos premiados, o xurado terá en conta, entre outros, criterios coma a creatividade, orixinalidade e vistosidade global da decoración; o deseño, montaxe e selección dos materiais empregados, dándose especial valoración ao uso de materiais reciclados ou de refugallo e a iluminación de baixo consumo.

ConcursoNadal