Accessibility Tools

Todas

O CONCELLO RENOVOU A PAVIMENTACIÓN DE CASE UNHA VINTENA DE ESTRADAS MUNICIPAIS

- A nova capa asfáltica estendeuse en máis de catro quilómetros de vías, cun investimento total de 360.500 euros

- As actuacións, para reforzar a seguridade de condutores e peóns, financiáronse a través do programa +Provincia da Deputación

PavimentaciónEstradas1

Valga, 8 de maio de 2026.

Remataron as obras de pavimentación de estradas de titularidade municipal nas que o Concello investiu 360.510’35 euros do plan +Provincia da Deputación Provincial.

  • Gándara
  • Balleas
  • Porto Piñeiro
  • Outeiro
  • Vilarello
  • Baño
  • Campo-Xanza
  • A Torre
  • Parque empresarial
  • O Coto
  • Pumariño
  • Belén
  • Devesa – Quinteiro
  • Fontenlo
  • Outeiriño
  • Sisto
  • Pavillón - Monte de Beiro

Estes son os lugares nos que se executaron as melloras, que afectaron a máis de 4 quilómetros de pistas e estradas que se atopaban en condicións deficientes para a circulación, sendo preciso o seu acondicionamento para reforzar a seguridade tanto para vehículos coma para peóns.

As obras incluíron a limpeza do terreo e das marxes e a dotación de novo firme asfáltico de cinco centímetros de espesor con mestura bituminosa en quente. Nalgúns tramos tamén se actuou nas cunetas e repuxéronse canalizacións de servizos e outros elementos complementarios coma pozos de rexistro, arquetas ou sumidoiros.

PavimentaciónEstradas2 PavimentaciónEstradas3