Accessibility Tools

Todas

O ALUMNADO DE FORESTAIS DO OBRADOIRO DE EMPREGO INTENSIFICA AS TAREFAS DE MELLORA E CONSERVACIÓN AMBIENTAL

- Os aprendices retiraron especies invasoras en Mina Mercedes e realizaron tarefas de mantemento no parque Dios Mosquera e en Beiro

- Na área fluvial de Vilarello actuaron sobre varias árbores con risco de caída

ObradoiroVilarello1

Valga, 19 de outubro de 2026.

O alumnado da especialidade de forestais do Obradoiro de Emprego continúa a desenvolver diversas actuacións de acondicionamento e conservación ambiental en espazos públicos, zonas verdes e áreas de valor patrimonial e natural do municipio. Estes traballos permiten aos participantes poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos durante o seu período de formación, ao tempo que prestan un servizo á comunidade.

Entre as intervencións máis destacadas atópanse a posta a punto do Parque Irmáns Dios Mosquera, onde realizaron labores de limpeza, acondicionamento e podas de mantemento, e da lagoa Mina Mercedes. Esta última, centrouse na eliminación de especies vexetais invasoras, principalmente mimosas e acacias, para favorecer a rexeneración da flora autóctona e garantir a preservación do ecosistema local.

O equipo do obradoiro tamén se desprazou á área fluvial de Vilarello, onde se executaron traballos de seguridade e limpeza. Derramáronse de varias árbores que presentaban risco de caída e retiráronse outros exemplares xa mortos.

Outros puntos de actuación son o miradoiro do Muíño de Vento de Beiro, a contorna do pavillón de Cordeiro e o xacemento arqueolóxico Igrexa Vella, a carballeira de Campaña e taludes da ponte sobre a vía do tren e os arredores da depuradora municipal. Nestes espazos realizaron labores de roza, limpeza e coidado.

ObradoiroCampaña1 ObradoiroVilarello2