- Os traballos están a provocar limitacións na circulación, polo que se pide precaución aos usuarios da vía
- Forman parte do Plan Especial de reparación e conservación de estradas do Estado en Galicia
Valga, 23 abril de 2026.
O firme da estrada N-550, ao seu paso por Valga, estase a renovar como parte do Plan Especial de reparación e conservación das estradas do Estado en Galicia, promovido polo Ministerio de Transportes.
As obras, que executa a empresa Marconsa, entraron en territorio valgués onte dende a rotonda situada nas inmediacións de Chanteclair e continúan durante a xornada de hoxe no tramo que discorre fronte á Casa do Concello. Polo momento, os traballos afectan ao carril dereito en dirección Pontevedra, aínda que está previsto que se renove o pavimento de toda a plataforma naqueles tramos que se atopan máis deteriorados.
As obras de mellora do pavimento están a provocar limitacións na circulación, con paso intermitente de vehículos por un dos carrís da N-550 e co corte de varios cruces que desembocan nesta estrada. Dende o Concello faise un chamamento á precaución e pídese aos condutores e usuarios da vía que respecten a sinalización provisional das obras e as indicacións do persoal que participa nos traballos.
ES
EN