Accessibility Tools

Todas

CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA EN RAXOI, COA EXECUCIÓN DUN NOVO TRAMO DE CUNETA

- Os traballos, que realiza a Deputación provincial, darán máis amplitude á estrada

- Son continuación da primeira fase que se excutara a comezos deste mesmo ano

ObrasRaxoiCuneta1

Valga, 26 de novembro de 2025.

A estrada provincial EP-8501 Valga-Martores é obxecto, de novo, de obras de mellora da seguridade viaria por parte da Deputación de Pontevedra. Estes traballos, que se executan á altura do lugar de Raxoi, son continuación dos que se levaron a cabo a comezos de ano e consiste na execución dun novo tramo de cuneta remontable na marxe dereita en dirección a Martores.

A adecuación da marxe da vía dará máis amplitude á estrada, podendo cruzarse dous vehículos pisando sen problemas a nova cuneta de formigón. Ao mesmo tempo, tamén se aumenta o espazo peonil nesta contorna, xa que a área formigonada poderá ser empregada polos transeúntes para circular sen necesidade de invadir a estrada.

      ObrasRaxoiCuneta2      ObrasRaxoiCuneta3

Artículos relacionados

Este sitio web utiliza cookies
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario.