- As obras, que contan cun orzamento de casae 60.000 euros, fináncianse a través do Plan Camiña da Consellería do Medio Rural
- A primeira fase do proxecto, que inclúe o ensanche da vía, xa está executada

Valga, 3 de novembro de 2026.
O Concello continúa a desenvolver o seu plan de acondicionamento da rede viaria municipal, desta volta co proxecto de ampliación e mellora do camiño que conecta os núcleos de poboación de Gándara (na parroquia de Cordeiro) e O Carballiño (en Xanza).
Trátase dunha vía importante para a mobilidade local que presentaba un alto grao de deterioración e a intervención proxectada afecta a un tramo de case un quilómetro de lonxitude.
A primeira fase dos traballos, que xa se atopa executada, incluíu:
- Limpeza e perfilado de 400 metros de cunetas para garantir unha adecuada evacuación das augas pluviais.
- Ampliación da plataforma, co ensanche do camiño en varios puntos para acadar os 6 metros en todo o percorrido.
- Renovación do firme nunha parte do trazado, co fresado do antigo pavimento e aplicación dunha nova capa de aglomerado asfáltico.
Para a segunda fase, que se executará na vindeira anualidade, queda pendente a outra parte do aglomerado e a instalación de nova sinalización.
As obras contan cun orzamento total de 59.978’88 euros que se financian a través do Plan Camiña, da Consellería do Medio Rural, un programa dirixido a mellorar, ampliar e conservar a rede de camiños dos concellos galegos facilitando o acceso a entidades de poboación e zonas agrícolas, mellorando a seguridade viaria e as condicións de vida nas zonas rurais.

ES
EN