Accessibility Tools

Todas

CINCO TAPAS E CATRO CÓCTEIS FORMARÁN O MENÚ DA FESTA DA ANGUÍA E MOSTRA DA CAÑA DO PAÍS

- Os petiscos poderán adquirirse por 2’5 euros e os combinados por 2 euros a unidade

- A partir da media noite tamén haberá queimada gratuíta

LOGOANGUIA2025

Valga, 29 de agosto de 2025.

A XXXV Festa da Anguía e Mostra da Caña do País xa ten menú para a noite deste sábado. Os asistentes á celebración gastronómica poderán degustar ata cinco tapas con anguía e catro cócteis elaborados con augardente artesanal.

Os petiscos, ata un total de 1.000 unidades, venderanse a 2’5 euros. Catro serán elaborados polo cociñeiro lalinense Álex Iglesias:

  • Tacos de anguía ao estilo asiático con maionesa de wasabi.
  • Empanada de anguía e Grelo de Galicia.
  • Fabada de anguía con Fabas de Lourenzá e Castaña de Galicia.
  • Anguía frita tradicional.

A quinta tapa é a gañadora do premio do xurado na edición de 2024 da Ruta-Concurso Tapa a Anguía:

  • “Do río ao prato, pasando pola leira”, do Café-Bar O Pontellón: Crema de grelos con anguía rebozada en panko sobre pan negro con toque picante.

En canto aos cócteis de caña do país, o encargado de preparalos será tamén Álex Iglesias. As distintas opcións entre as que se poderá elixir serán:

  • Mojito de caña branca
  • Verde Galego: con caña de herbas, zume de mazá, lima natural e xarope de menta
  • Tostada Sour: con caña tostada, zume de limón e xarope de azucre
  • Laranxa da Terra: con caña branca, zume de laranxa natural e Mel de Galicia

O prezo será de 2 euros por cada cóctel ata un total de 1.000 unidades.

Os tíckets para a degustación, que terá lugar no Parque Irmáns Dios Mosquera, comezarán a venderse a partir das 21:30 horas, unha vez rematado o acto de entrega de premios.

E, ademais, a partir de media noite, haberá queimada popular gratuíta e con conxuro teatralizado por Toula Animación.

Ante as previsións meteorolóxicas de chuvia, haberá carpa.

TapasAnguía25 TapaPontellónAnguía25

CócteisAnguía25

Artículos relacionados

Este sitio web utiliza cookies
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario.