- O Concello e o organismo portuario asinarán un convenio para desenvolver estas obras

Valga, 28 de setembro de 2026.
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, reforzará a base da escolleira do embarcadoiro de Santa Cristina, en Campaña, para garantir a seguridade dos usuarios. Así llo trasladou esta mañá a presidenta do ente público, Natalia Botana, ao alcalde, José María Bello, nunha reunión na sede do organismo portuario á que tamén asistiu a concelleira Carmen Gómez.
Durante o encontro, analizaron a proposta técnica para calzar o borde litoral anexo ao embarcadoiro construído en 2021, de xeito que se minimicen os riscos para as persoas usuarias desta instalación. A actuación dará cumprimento ás medidas de protección da vexetación indicadas pola Consellería de Medio Ambiente.
Portos de Galicia e o Concello de Valga asinarán un convenio de colaboración para desenvolver estes traballos. Ademais, o Concello encargarase de confirmar con Costas do Estado a vixencia da autorización preceptiva outorgada para esta actuación.
ES
EN