Accessibility Tools

Todas

A RUTA QUETZAL REGRESA A VALGA PARA DESCUBRIR AS FERVENZAS, O CAMIÑO DE SANTIAGO E A HISTORIA LOCAL A TRAVÉS DO MUSEO

- O acto de presentación tivo lugar esta mañá coa asistencia da concelleira de Turismo, Malena Isorna

- Douscentos expedicionarios seguirán as pegadas da raíña Urraca I de León, entre Galicia, Portugal e Castela

Quetzal1

Valga, 10 de xuño de 2026.

A concelleira de Turismo, Malena Isorna, asistiu esta mañá á presentación da Ruta Quetzal 2026, na que, una ano máis, Valga terá un papel protagonista como parte do territorio do xeodestino Mar de Santiago.

A aventura, na que participan 200 mozos con algúns dos mellores expedientes académicos de España, desenvolverase entre o 28 de xuño e o 11 de xullo. A figura sobre a que xirará esta edición da ruta será a da raíña Urraca I de León. Os expedicionarios percorrerán Galicia, o norte de Portugal e varios puntos de Castela seguindo os pasos da que foi a primeira muller raíña de pleno dereito en Europa, como destacou Íñigo de la Quadra-Salcedo no acto de presentación.

Baixo o epígrafe “Tralas pegadas de Urraca ‘A Temeraria’, 900 anos do Reino de Galicia”, a Ruta arrancará en Vilanova de Arousa, achegarase a Pontecesures despois a Valga, donde os participantes visitarán as fervenzas de Parafita e Raxoi, percorrerán o tramo do Camiño de Santiago entre O Pino e San Miguel e achegaranse ao Museo da Historia e ao Centro de Interpretación da Caña do País. Ademais, baixarán en kaiak polo río Ulla ata Catoira.

A viaxe continuará en Portugal e regresará despois a Galicia para descubrir a zona fronteiriza da Raia e a Ribeira Sacra. Dará despois un salto a Castela e ingresarsá por terceira vez a territorio galego pola zona de Lugo para rematar subindo ao Pico Sacro e percorrendo un tramo do Camiño de Inverno ata Santiago.

Na presentación, ademais de íñigo de la Quadra-Salcedo e Malena Isorna, participaron o director do Xacobeo, Ildefonso de la Campa; o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán; e o concelleiro de Pontecesures Roque Araújo.

Quetzal2