Accessibility Tools

Todas

A CONCELLEIRA DE TURISMO PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DUNHA NOVA EDICIÓN DA RUTA QUETZAL, QUE PASARÁ, DE NOVO, POR VALGA

- Os expedicionarios percorrerán un tramo do Camiño Portugués e visitarán as fervenzas

- Na actividade participan arredor de 200 mozos, entre eles algúns dos mellores expedientes de toda España

PresentaciónQuetzal25 1

Valga, 13 de xuño de 2025.
A concelleira de Turismo, Malena Isorna, participou esta mañá na presentación da XXXV edición da Ruta Quetzal que, da man do xeodestino Mar de Santiago e da Axencia Turismo de Galicia, terá de novo a Valga como un dos lugares elixidos para que os arredor de 200 expedicionarios de toda España se adentren no Camiño de Santiago. O acto contou coa presenza do responsable da ruta Íñigo de la Quadra-Salcedo, e do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles.

Neste 2025 a Ruta Quetzal levará aos participantes a percorrer Galicia e Extremadura, nunha aventura educativa e cultural que seguirá algúns dos camiños históricos de peregrinación coma o Portugués da Costa, o Mozárabe e o do Norte. En concreto, en Valga, estarán o día 30 de xuño e a actividade prevista consiste no percorrido, á inversa, do tramo do Camiño entre San Miguel e O Pino. Despois, continuarán camiñando ata as fervenzas, onde terán a oportunidade de coñecer un dos espazos culturais máis fermosos do concello. Alí, ademais, o grupo ten previsto xantar.

     PresentaciónQuetzal25 3      PresentaciónQuetzal25 2

Artículos relacionados

Este sitio web utiliza cookies
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario.