Aviso Legal
Concello de Valga – Información xurídica e protección de datos
1. Datos identificativos
Titular: Concello de Valga
NIF: P-36055600J
Domicilio: Avda. Coruña, 14 – 36645 – Valga (Pontevedra)
Correo electrónico: concello.valga@eidolocal.es
Sitio web: valga.gal
Este aviso legal cumpre o deber de información xeral previsto no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE). Nel identifícase a entidade titular do sitio web e recóllense as regras básicas para a súa utilización.
2. Obxecto do sitio web e aceptación
O sitio web www.valga.gal ten unha finalidade exclusivamente informativa. Nel, a veciñanza e calquera persoa interesada pode coñecer a actividade municipal, os servizos públicos e as novidades de interese xeral.
O acceso e a utilización deste sitio web atribúen a condición de persoa usuaria e implican o coñecemento das condicións recollidas neste aviso legal, sen prexuízo dos dereitos que lle recoñece a normativa aplicable. O Concello poderá modificalo cando sexa necesario; en todo caso, a versión aplicable será sempre a que estea publicada nesta páxina no momento da consulta.
3. Regras de uso
A consulta do sitio é libre e gratuíta, e non require rexistro nin identificación previa. O único gasto é o da conexión a Internet que cada persoa teña contratada co seu operador.
Quen utilice o sitio comprométese a facelo de boa fe e dentro da legalidade. Quedan excluídas, entre outras, as seguintes condutas:
- Utilizar os contidos ou servizos con fins ilícitos ou contrarios á normativa aplicable, á moral, ás boas costumes ou á orde pública.
- Publicar ou transmitir material ilícito, ofensivo, violento, difamatorio ou discriminatorio.
- Copiar, reproducir ou distribuír contidos cando non exista autorización nin amparo legal para facelo.
- Realizar accións que dificulten, saturen ou danen o funcionamento do sitio web.
- Enviar comunicacións comerciais non solicitadas aos contactos publicados neste sitio web.
Os danos e prexuízos que o Concello sufra por un uso que incumpra estas regras poderán reclamarse á persoa que os causase.
4. Propiedade intelectual e industrial
Os elementos que compoñen este sitio web (textos, fotografías, imaxes, gráficos, vídeos, logotipos, deseño e programas informáticos, entre outros) pertencen ao Concello de Valga ou a terceiras persoas que cederon o seu uso, e están amparados pola normativa de propiedade intelectual e industrial.
Sen autorización previa e por escrito do Concello ou da persoa titular dos dereitos, non se poden reproducir, distribuír, comunicar publicamente nin transformar estes elementos.
Esta limitación non afecta á información pública publicada no sitio, que poderá reutilizarse nas condicións que establece a Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, e a súa normativa de desenvolvemento. A reutilización estará suxeita ás condicións establecidas na normativa aplicable e non poderá afectar aos dereitos de propiedade intelectual ou industrial de terceiros nin á protección dos datos persoais.
5. Limitación de responsabilidade
O Concello de Valga poderá suspender temporalmente o acceso ao sitio ou a algún dos seus servizos por motivos de mantemento, seguridade ou calquera outra causa xustificada. Tampouco responderá das interrupcións, atrasos ou fallos debidos a circunstancias alleas ao seu control ou a casos de forza maior.
O Concello esfórzase por manter os contidos ao día, pero non pode asegurar que a información sexa sempre completa, exacta ou actual. A publicación de información neste sitio web ten carácter informativo, agás nos supostos nos que a normativa aplicable lle atribúa efectos xurídicos. As disposicións e os actos administrativos publicaranse nos diarios e boletíns oficiais, na sede electrónica ou nos demais medios que correspondan en cada caso, de acordo coa lexislación vixente.
6. Ligazóns a outros sitios e ligazóns a este sitio
Este sitio pode conter enlaces a páxinas de terceiros. O Concello de Valga non controla nin responde dos seus contidos, e a presenza do enlace non significa que os apoie ou que comparta as súas opinións ou servizos. Quen detecte nalgún deses sitios contido que considere ilícito pode avisalo en concello.valga@eidolocal.es.
Calquera persoa pode enlazar a este sitio web desde o seu, sempre que non dea a entender que o Concello o patrocina ou avala, non cause confusión sobre a titularidade dos contidos, non use sinais identificativos do Concello sen permiso e a súa páxina non aloxe material ilícito. O Concello poderá pedir en calquera momento a retirada dun enlace.
7. Protección de datos persoais
Este sitio web ten carácter principalmente informativo e non dispón de formularios de rexistro nin de áreas privadas de usuario. Non obstante, o funcionamento técnico do sitio web pode implicar o tratamento de determinados datos, como os rexistros de acceso e a información técnica necesaria para garantir a seguridade e o correcto funcionamento dos servizos.
Así mesmo, se a persoa usuaria se pon en contacto co Concello por correo electrónico ou por outras vías, os datos que facilite tratarase conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e á Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
A información sobre o responsable do tratamento, as finalidades, a base xurídica, os prazos de conservación, os destinatarios e os dereitos das persoas interesadas, incluído o de presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, atópase na Política de Privacidade.
8. Seguridade da información
O Concello de Valga adopta as medidas técnicas e organizativas que resultan axeitadas ao risco, de acordo co artigo 32 do RXPD e, nos sistemas de información incluídos no seu ámbito de aplicación, co Esquema Nacional de Seguridade (Real Decreto 311/2022, do 3 de maio), para garantir a integridade e o bo funcionamento do sitio web e para protexer calquera dato persoal que o Concello trate, evitando que se alteren, se perdan ou sexan consultados sen autorización.
9. Cookies
Este sitio web pode instalar cookies ou tecnoloxías semellantes no dispositivo da persoa usuaria. Que cookies se empregan, para que serven e como se poden xestionar ou desactivar explícase na Política de Cookies, en aplicación do artigo 22 da LSSI-CE. As cookies que non sexan estritamente necesarias só se instalarán co consentimento previo da persoa usuaria, que poderá aceptalas ou rexeitalas e modificar a súa elección en calquera momento.
10. Lingua
Este aviso legal redáctase en galego, de acordo coa Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia.
11. Lexislación aplicable e xurisdición
Calquera controversia relacionada co uso deste sitio web resolverase conforme á lexislación española. A determinación dos órganos xurisdicionais competentes realizarase de acordo coas normas legais aplicables e, cando corresponda, coa normativa reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Última actualización: decembro de 2026
ES
EN