- A actividade prolongarase dúas semanas e combinará adestramentos técnicos con xogo e diversión
- O concelleiro Álvaro Fernández ás instalacións municipais para saudar aos futbolistas
Valga, 23 de xuño de 2026.
Nas instalacións deportivas de Campaña deu comezo onte o Campus de Verán organizado polo Cordeiro C.F., que nesta edición conta cuns 50 rapaces participantes entre as dúas semanas de duración da actividade.
Nesta calorosa mañá, o concelleiro Álvaro Fernández achegouse ata os campos municipais para saudar aos nenos e mozos de entre 4 e 16 anos que están inmersos nesta actividade. Acompañouno tamén o presidente do Cordeiro, José Ramón Seco. "É unha satisfacción ver as instalacións do Concello cheas de vida e comprobar como os máis novos gozan do deporte nun ambiente tan saudable", destacou o concelleiro..
O campus está deseñado para que os participantes non só melloren as súas habilidades futbolísticas, senón que tamén aproveiten o tempo de lecer estival dun xeito activo. Nestas xornadas, realizarán adestramentos técnicos destinados a perfeccionar o xogo, o control do balón ou a táctica. Tamén desenvolverán xogos e competicións, con dinámicas grupais e pequenos torneos que fomentan a participación de todos.
Farase especial énfase en valores coma o xogo limpo, o traballo en equipo e o compañeirismo, fomentando un ambiente no que os rapaces teñen oportunidade de facer novas amizades e compartir experiencias fóra da rutina escolar. E tamén se fomentan os hábitos saudables, incidindo na importancia do exercicio físico e unha alimentación equilibrada.
ES
EN