- Entregáronse bolsas de tea e de papel para que os comerciantes repartan entre a clientela
- Para os usuarios do ximnasio municipal deseñáronse mochilas e toallas
Valga, 22 de abril de 2026.
O Concello, a través do servizo municipal de Normalización Lingüística, vén de repartir entre establecementos comerciais valgueses diverso material promocional co obxectivo de incentivar o uso da lingua galega en diferentes sectores sociais.
Entregáronse bolsas de papel para distribuír entre os clientes en estancos, ferraxerías, mercerías e comercios de téxtil, entre outros. Nas tendas de alimentación repartíronse bolsas de tea que poden reutilizarse para varias compras e, por último, deseñáronse mochilas e toallas para os usuarios do ximnasio municipal para incidir tamén no ámbito deportivo.
Estes materiais contan con finaciamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dunha liña de axudas para a promoción do uso da lingua galega e para o desenvolvemento de campañas para normalizar o uso do idioma na vida cotiá, especialmente en contextos nos que a súa utilización é menor ou está en retroceso.
Deste xeito, dende o servizo de Normalización Lingüística de Valga trabállase na concienciación sobre a importancia do galego como patrimonio cultural e de identidade e avógase pola eliminación do prexuízos lingüísticos, co obxectivo de favorecer a transmisión interxeracional da nosa lingua.
GL
ES