Accessibility Tools

O CENTRO DE SAÚDE E O CONCELLO PROMOVEN UNHAS XORNADAS FORMATIVAS PARA COIDADORES DE PERSOAS DEPENDENTES

- Desenvolveranse durante o mes de maio e comezos de xuño no Auditorio Municipal

- As inscricións gratuítas poden realizarse no Concello ou no centro médico de Baño

ConCoidadoWeb

Valga, 17 de marzo de 2026.

Valga acollerá durante os meses de maio e xuño as xornadas de saúde “Con coidado”, un programa formativo dirixido a coidadores non profesionais de persoas dependentes promovido polo Servizo Galego de Saúde, coa colaboración do Centro Médico de Valga e o Concello.

A actividade, que é gratuíta, será impartida por profesionais da saúde e desenvolverase no Auditorio Municipal cun total de catro xornadas.

Sesión 1 – Martes, 12 de maio:

  • Que é o envellecemento?
  • Recursos sociais disponibles

Sesión 2 – Martes, 19 de maio:

  • Alimentación en persoas dependentes (disfaxia e afogamento)
  • Coidados da pel (cueiros e incontinencia; úlceras e a súa prevención)

Sesión 3 – Martes, 26 de maio:

  • Prevención de caídas
  • Dispositivos de apoio á deambulación
  • Exercicio dinámico

Sesión 4 – Martes, 2 de xuño:

  • Autocoidados
  • Primeiros auxilios

As inscricións poden realizarse presencialmente no Concello ou no Centro de Saúde e tamén a través do correo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. indicando preferencia horaria.

ConCoidadoCartel

 

Artículos relacionados

This website uses cookies
This website uses cookies to improve your experience.