- Esta infraestrutura favorece a mobilidade na contorna da igrexa, o colexio Ferro Couselo, o tanatorio e o pavillón municipal
- A parte peonil foi colocada a finais de 2023 para reforzar a seguridade viaria

Valga, 9 de setembro de 2026.
Operarios do servizo de Conservación de Estradas da Xunta de Galicia están a levar a cabo actuacións de mantemento na pasarela que discorre sobre a estrada PO-548, á altura de Cordeiro. As tarefas abranguen tanto a estrutura orixinal destinada ao tránsito de vehículos como á parte peonil da estrutura, que comunica a contorna da igrexa parroquial de Santa Comba coa zona de equipamentos na que se sitúan o colexio Xesús Ferro Couselo, o tanatorio municipal e o pavillón de Beiro.
Na parte orixinal e máis antiga da pasarela, pola que circulan os vehículos, realizouse un lixado completo para eliminar os restos de pintura deteriorada e agora os operarios traballan na aplicación dunha nova capa de pintura. No treito destinado aos peóns vaise aplicar un tratamento antideslizante no pavimento, co obxectivo de solucionar os problemas de esvaróns e mellorar a adherencia para os usuarios.
Esta parte peonil, de 22 metros de lonxitude e case tres metros de ancho, foi instalada a finais do ano 2023 co fin de reforzar a seguridade viaria e facilitar o tránsito a pé nunha zona na que adoita rexistrarse unha importante mobilidade veciñal e escolar.

GL
ES