Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os aprendices que non remataron a Ensinanza Secundaria participan nun programa formativo para acadar o título

- Neste proxecto participan dezaseis mozos que están a aprender os oficios de albanelería e forestais

ObradoiroESO

Valga, 14 de febreiro de 2024.

O Obradoiro de Emprego xuvenil que os concellos de Valga e Moraña están a desenvolver co apoio económico da Xunta de Galicia continúa impartindo ao seu alumnado tanto a formación específica das especialidades de albanelería e traballos forestais, coma outras ensinanzas complementarias que reforzan os coñecementos dos mozos participantes.

Por exemplo, o Obradoiro está a facilitar que os aprendices que non remataron a Educación Secundaria Obrigatoria poidan acadar o título, a través dun programa específico que se desenvolve os venres a través dunha empresa externa acreditada para impartir esta formación. Os alumnos xa foron matriculados, así mesmo, para realizar as probas de obtención do graduado, que lles abriría portas no mercado laboral ou lles permitiría continuar os estudos noutras ensinanzas regradas.

O Obradoiro "Xóvenes II", no que participan un total de 16 mozos, é cofinanciado pola Unión Europea mediante o programa FSE+Galicia 2021-2027.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver