VALGA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Caminho Santiago

 

 

 

 

 

 

 

Dúas rutas do Camiño de Santiago percorren o concello de Valga:

  • CAMIÑO PORTUGUÉS

O Camiño Portugués, ao seu paso por Valga, transcorre por Casal do Eirixo e O Pino, entrando no bosque a través do Monte Albor, entre rutas de augas e antigos muíños pero cercano a pequenos núcleos rurais. En moitos destes núcleos, os peregrinos e peregrinas dipoñen do necesario para un merecido descanso.

Pasando o río Louro temos outro dos tramos máis especiais da etapa. Oculto tras a  vexetación do bosque e en continuo descenso en paralelo ao río Valga ata chegar a cruzalo xusto antes de adentrarse en San Miguel de Valga. Ao carón do camiño atópase a igrexa neoclásica de San Miguel.

A ruta continúa por unha senda antes de cruzar a aldea de Cimadevila e a ponte do río Fontenlo. Nun descenso, o/a viaxante abandona Valga e accede ao Camiño do Regadío, chegando a Condide, Pontecesures.

Camiño Portugués

           -  CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA

Esta variante do Camiño Portugués aumenta cada ano o número de persoas que a realizan. Isto fai que o noso Concello sexa un atractivo turístico cada vez máis importante dentro do panorama internacional.

Camiño Portugués da Costa

  • RUTA MARÍTIMA FLUVIAL

Segundo a tradición, o corpo do Apóstolo Santiago o Maior, foi traído polos seus discípulos a Galicia, tras o seu martirio en Xerusalén no ano 44. A vía de entrada do corpo foi a ría de Arousa e o río Ulla, sendo, deste xeito, a primeira vía vinculada co Apóstolo.

O tramo desta ruta que discorre polo concello de Valga é exclusivamente fluvial, onde se pode ver a fermosa praia fluvial de Vilarello, así como as brañas e a súa fauna. A proximidade do lugar de Mercado dos Mouros e o posible enclave da Turris Augusti, reforzan a importancia histórica desta ruta que vai moito máis alá da lenda.

boton youtube largo

boton rueiro

boton radio

boton tempo

Volver