Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade foi organizada polo Concello para favorecer a conciliación nesta xornada non lectiva

- O desfile de disfraces pon, o vindeiro sábado, o colofón ás festas de Carnaval

DocesEntroido1

Valga, 12 de febreiro de 2024.
Case corenta nenos participaron esta mañá nun obradoiro de cociña de Entroido que se desenvolveu no CODI. Os cativos convertéronse por unhas horas en reposteiros e elaboraron algúns dos doces tradicionais destas festas. Divididos en dous grupos, fixeron filloas e amasaron e fritiron rosquillas que despois puideron degustar.

Esta actividade, ao igual que o taller de creación de caretas que tivo lugar o venres na biblioteca de Cordeiro, foron organizadas co obxectivo de favorecer a conciliación durante as datas festivas. Aínda que, nun principio, o obradoiro de cociña ía celebrarse no Auditorio, o elevado número de inscricións motivo un cambio de plans, trasladándose ao CODI. Deste xeito, puido garantirse a asistencia de todos os nenos inscritos, sen que ningún quedara se praza.

O colofón ás celebracións do Carnaval porase o vindeiro sábado, día 17, coa celebración do concurso de disfraces a partir das 17:00 horas no Auditorio Municipal. A inscrición está aberta, tanto presencialmente no Concello coma a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (a folla de inscrición pode descargarse en https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes). Ademais, tamén se admitirán participantes o propio día do desfile, antes do seu comezo.

Repartiranse un total de 2.850 euros nos seguintes premios:

INFANTÍS (ata 14 anos de idade)

Individual:
- 1º Premio: 50 euros

- 2º Premio: 40 euros

- 3º Premio: 30 euros

- 4º Premio: 20 euros

Parellas:
- 1º Premio: 70 euros

- 2º Premio: 40 euros

Grupos (de 3 a 10 membros, tendo a maioría de participantes de 0 a 14 anos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):
- 1º Premio: 100 euros

- 2º Premio: 50 euros

Comparsas (máis de 10 membros, tendo a maioría dos participantes de 0 a 14 anos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):
- 1º Premio: 200 euros

- 2º Premio: 100 euros

ADULTOS (a partir de 15 anos de idade):

Individual:
- 1º Premio: 80 euros

- 2º Premio: 40 euros

Parellas:
- 1º Premio: 120 euros

- 2º Premio: 60 euros

Grupos (de 3 a 10 membros, sendo a maioría dos seus membros maiores de 15 anos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):
- 1º Premio: 200 euros

- 2º Premio: 100 euros

Comparsas (a partir de 10 membros, sendo a maioría dos seus membros maiores de 15 anos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):
- 1º Premio: 800 euros

- 2º Premio: 500 euros

- 3º Premio: 150 euros

MELLOR DISFRACE DO CONCELLO (só persoas empadroadas en Valga, ou grupos ou comparsas nos que, como mínimo, o 80% estean censados no concello):

- Premio Único: 100 euros

* IMPORTANTE: Os grupos e comparsas que empreguen vehículos, remolques ou outras estruturas deberán contar con todos os permisos e seguros en vigor.

DocesEntroido2 DocesEntroido3

DocesEntroido4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver