Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Realizaranse actividades de estimulación cognitiva e que promovan o envellecemento activo

- En caso de que queden prazas libres tamén poderán participar veciños menores de 65

MemoriaWeb

Valga, 25 de xaneiro de 2024.

No mes de febreiro comezarán a impartirse no Auditorio Municipal e no CODI talleres de memoria dirixidos, primordialmente, a persoas maiores de 65 anos, co obxectivo optimizar as súas capacidades cognitivas, xa que diferentes factores adoitan afectar ao seu rendemento.

Estes obradoiros serán un espazo de actividade e aprendizaxe no que se pretenden reducir os cambios cognitivos asociados, por exemplo, á idade, ao tempo que se promoven iniciativas que favorezan as relacións sociais e o envellecemento activo.

Nas diferentes sesións, que se desenvolverán os martes de 10: a 11:30 horas, realizaranse exercicios e xogos para manter activa a memoria e frear o seu deterioro. A lectura, xogos de mesa ou a música, entre outras disciplinas, contribúen a estimular e adestrar o cerebro e a unha mellor calidade de vida e benestar.

Outra das cuestións sobre as que incidirán estes obradoiros son as relacións interpersoais dos participantes, promovendo o contacto social e evitando o illamento e a soidade, que tamén son importantes para o coidado da saúde.

A actividade é gratuíta e as persoas interesadas poden anotarse no Concello ata o día 5 de febreiro. Os grupos deberán contar cun mínimo de seis inscritos e, en caso de que as prazas non se cubran con maiores de 65 anos, a inscrición abrirase a persoas menores desa idade.

TallerMemoria

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver