Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Familiares dos alumnos e veciños das diferentes aldeas colaboraron nesta iniciativa

- Os nenos saíron polas aldeas a cantar panxoliñas para animar á xente a participar

AlimentosCRA1

Valga, 27 de decembro de 2023.

O CRA de Valga entregou ao Concello os alimentos e produtos de hixiene recollidos a través do seu “Nadal Solidario”, unha iniciativa promovido por terceiro ano consecutivo dende os colexios rurais para axudar ás familias do municipio con menos recursos. A comunidade educativa do CRA, veciños das aldeas nas que se atopan as escolas e do resto do municipio aportaron centos de quilos de produtos de primeira necesidade que agora serán xestionados polo departamento de Servizos Sociais.

O “Nadal Solidario” desenvolveuse durante as pasadas semanas, nas que os nenos das escolas de Campaña, Forno, Vilarello, Xanza, Ferreirós e Chenlo saíron polas respectivas aldeas a felicitar as festas aos veciños e a animalos a contribuír con alimentos e produtos non perecedoiros. Tamén participaron con doazóns as familias do alumnado e entidades e establecementos de Valga. Pasta, legumes, sopas, aceite, vinagre, leite, galletas e outros doces, alimentos para bebés, conservas, cereais, azucre, sal, turróns, cueiros, xeles e champús ou papel hixiénico foron algúns dos produtos doados polos valgueses e que agora clasificados para a súa entrega ás familias de Valga en situación ou en risco de exclusión.

Dende o Concello trasladou á directora do CRA, Antía Piñeiro, o agradecemento pola contribución de toda a comunidade educativa.

AlimentosCRA2       AlimentosCRA3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver