Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A conexión entre Valga e Laponia realizouse na Aula CeMIT do Auditorio Municipal

- Participaron na actividade medio cento de rapaces de entre 3 e 5 anos de idade

VideoPN1

Valga, 14 de decembro de 2022.

Papá Noel non se esquece dos nenos de Valga e, aínda que se encontra inmerso nos días de máis traballo do ano, esta mañá fixo un oco para falar por videoconferencia con medio cento de alumnos de Educación Infantil do colexio Baño-Xanza que, cheos de ilusión e tamén de nervios, lle contaron cales son os seus xoguetes favoritos e os seus desexos para este Nadal.

A conexión entre Laponia e Valga realizouse na Aula CeMIT, no Auditorio Municipal, e os rapaces, de entre 3 e 5 anos, dividíronse en dous grupos. Santa Claus apareceu na pantalla diante da súa casa e dunha paisaxe nevada típica do Polo Norte. Un a un, foi escoitando a longa e variada lista de regalos que vai ter que traer a Valga en Noiteboa no seu trineo, co que viaxará por todo o mundo acompañado polos renos Godín, Danzarín, Pompón, Xoguetón, Cometa, Cupido, Trono, Relámpago e Rudolf, o favorito dos nenos.

Os rapaces pedíronlle xogos dos seus personaxes preferidos coma Batman, a Patrulla Canina ou Pokemon. Tamén hai amantes do deporte que queren equipamento de fútbol e balóns de baloncesto, e músicos que pediron instrumentos coma unha batería. Outros elixiron xogos educativos e contos ou os clásicos coches, bonecas e peluches. Algunha petición sorprendeu ata ao mesmísimo Papá Noel, coma a do neno que quere como agasallo unha neveira.

Santa Claus prometeulles que fará todo o posible por cumprir os seus desexos e pediulles que sigan portándose ben para que a maxia do Nadal chegue a todos os seus fogares.

VideoPN2 VideoPN3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver