Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Raúl e Borjamina quedaron abraiados polo tamaño da montaxe e polo logrados que están os personaxes

- Escribiron no libro de sinaturas do nacemento: “Moitas grazas por incluírnos nesta obra tan impresionante e con tanto traballo detrás”

Mozos1

Valga, 14 de decembro de 2023.

Borjamina e Raúl, dous dos integrantes do equipo televisivo “Mozos de Arousa”, estiveron onte por partida dobre no Belén Artesanal. Os ‘mozos’ de carne e oso achegáronse ata Campaña para ver as súas reproducións en miniatura, que forman parte desta edición do nacemento, e para agradecer aos membros de Amigos do Belén que os incluíran na montaxe. O terceiro membro do equipo, Bruno, tamén tiña previsto participar na visita, pero un imprevisto de última hora impediullo. Iso si, prometeu achegarse en canto poida.

Os dous irmáns vilagarciáns amosáronse abraiados cando entraron ao Belén e comprobaron as súas dimensións e cantidade de escenas e personaxes que forman parte del. “Véndoo en fotos parece máis pequeno, non imaxinamos que albergara tanto contido nin que o percorrido fora tan grande”. Ademais, “os personaxes identifícanse só con velos e está recollido ata o máis pequeno detalle”, destacaron.

A inauguración do nacemento, o pasado día 3, colleunos fóra de España, pero aínda así as fotos das súas figuras chegáronlles de forma inmediata. “Nunha imaxinamos que puideramos aparecer nun Belén con tanta tradición e ao lado do presidente ou do Rei, pero tampouco pensabamos que o programa (Reacción en Cadena) ía a ter tanta repercusión”.

Sobre as súas réplicas en miniatura sinalaron que “son supercaracterísticas, polas camisas, a posición que temos no atril. Vese perfectamente que somos nós”.

Os Mozos de Arousa estiveron acompañados por boa parte dos membros da asociación Amigos do Belén e polos concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo, en representación do Concello. Interesáronse pola historia do nacemento, baixaron a foso para ver todos os mecanismos que lle dan movemento, fixéronse fotos coas persoas que llo pediron e asinaron autógrafos. Tamén deixaron a súa rúbrica no libro de sinaturas, xunto coa seguinte mensaxe: “Moitas grazas por incluírnos nesta obra tan impresionante e con tanto traballo detrás. Non podemos dicir nada máis que en hora boa e que merecedes o maior dos éxitos. Por moitos anos máis!”.

Mozos2 Mozos3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver