Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O investimento ascende a 54.000 euros e permitirá mellorar a mobilidade na zona

- Parte dos fondos proceden do Plan Marco da Xunta, que trata de mellorar as infraestruturas en zonas rurais

CamiñoBarro1

Valga, 13 de decembro de 2023.

O Concello está a executar obras de mellora dun camiño no lugar de Barro (Cordeiro) a través da empresa Covsa, que resultou adxudicataria do proxecto, e cunha subvención da Consellería do Medio Rural a través do Plan Marco. Investiranse na actuación un total de 53.856’30.

Os traballos consisten no acondicionamento do terreo, con ampliación da plataforma e unificación do ancho, e na aplicación dunha capa de aglomerado en quente nunha lonxitude de 430 metros.

Con esta actuación trátase de mellorar a mobilidade dos residentes na zona dotándoos dunha vía pola que poidan circular en condicións de seguridade. Darlle un pulo ás condicións de vida nas aldeas mediante actuacións de mellora e mantemento das infraestruturas viarias é, precisamente, o obxectivo que persegue o Plan Marco.

CamiñoBarro2 CamiñoBarro3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver