Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- En caso de incumprimento, a administración local executará a retirada e pasaralle os custos á compañía

- A empresa, ademais, debe presentar un informe sobre a situación de todos os postes da súa propiedade

PosteTelefónicaDevesa

Valga, 23 de outubro de 2023.  

O alcalde, José María Bello Maneiro, emitiu un decreto no que outorga un prazo máximo de cinco días a telefónica para que execute os traballos de substitución dun poste no lugar da Devesa (Campaña) que ameaza con derrubarse debido ao mal estado no que se atopa.  

Un informe dos técnicos municipais advirte do perigo que representa este poste e da necesidade de adoptar, con urxencia, medidas para garantir a seguridade na zona. A parte inferior do formigón está demolida por completo e o resto do poste está sostido unicamente polas varas interiores e polos cables do tendido aéreo, provocando un risco evidente de caída e potencial dano aos inmobles lindeiros, a viandantes e a vehículos.

Despois de numerosas solicitudes, instanto a Telefónica a que execute as obras necesarias para regularizar a situación, e ante a inacción da empresa, o alcalde vén de emitir unha resolución na que outorga á compañía un prazo de dous días hábiles para iniciar as actuacións e un máximo de cinco días hábiles para telas rematadas. As obras que deben efectuarse, segundo recolle o informe técnico, son a desmontaxe e retirada do poste e a súa substitución por outro, así coma a estabilización dos tendidos aéreos no caso de ser necesario.

De incumprir este mandato, o Concello executará as obras de xeito subsidiario pasando posteriormente os custes a Telefónica e poderá impoñerlle multas coercitivas.

A empresa, ademais, dispón dun prazo de tres meses para presentar no Concello un informe sobre os postes da súa propiedade que ten no termo municipal, a súa situación e un plan de mantemento.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver