Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A obra, que executa unha empresa local, conta con financiamento do Concello e da Xunta de Galicia

- O inmoble tamén verá renovada proximamente a cuberta, para acabar coas filtracións de auga

CarpinteríaCasaCultura1

Valga, 20 de outubro de 2023.

A Casa da Cultura de Valga remuda a carpintería exterior nunha obra na que Concello e a Xunta de Galicia invisten 50.849’61 euros e que está a executar a empresa local García Sistemas de Carpintería S.L.

A actuación, que está a piques de rematarse, na instalación de 4 portas novas e 14 fiestras con rotura de ponte térmica e dobre acristalamento. A segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, e o concelleiro Pedro Calvo acudiron nos últimos días a comprobar o estado dos traballos.

Ademais da mellora estética do inmoble, a renovación da carpintería de aluminio supón un reforzo do illamento permitindo acadar un maior confort en todas as estancias. Reduciranse as filtracións de aire e as perdas de calor, o que redundará nun importante aforro enerxético. E, así mesmo, mellorarase a seguridade grazas aos sistemas de apertura e bloqueo reforzados dos novos elementos.

Para acometer esta renovación, a Consellería de Presidencia concedeu unha subvención de 35.594 euros a través dunha liña de axudas para a mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vencelladas á prestación de servizos municipais.

Ademais, a Casa da Cultura recibirá proximamente outro investimento de 71.151’32 euros para a substitución da cuberta, unha obra que xa foi adxudicada á empresa Moncosa OHS e que porá fin aos problemas de humidades e condensación provocados polas filtracións de auga. As actuais chapas metálicas do tellado cambiaranse por paneis de aceiro galvanizado, mellorarase o illamento e instalaranse novos canalóns.

Neste caso, a actuación conta con financiamento da Vicepresidencia Primeira da Xunta e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

CarpinteríaCasaCultura2 CarpinteríaCasaCultura3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver