Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Aprenderán durante un ano as profesións de albanelería e forestais, con clases teóricas e a realización de obras públicas

- Os concellos de Valga e Moraña promoven este proxecto, que é financiado con 425.000 euros da Xunta

XóvenesRiscos1

Valga, 20 de outubro de 2023.

O Obradoiro de Emprego Xóvenes II, que comparten os concellos de Valga e Moraña, leva xa tres semanas de actividade nas que os dezaseis participantes, mozos desempregados de ata 30 anos, iniciaron a súa formación nas especialidades de albanelería e forestais pero, ademais, recibiron outras aprendizaxes complementarias a estes oficios coma a de prevención de riscos laborais.

Esta tivo unha duración de 60 horas e foi complementaria con outro módulo de seis horas para os oito aprendices de albanelería. Os principais contidos foron conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, os principais riscos aos que se enfrontan nas dúas profesións do Obradoiro e as medidas preventivas que deben tomar para minimizalos. Tamén recibiron instrucións básicas sobre primeiros auxilios.

Esta formación foi impartida por unha técnica da Fundación Laboral da Construción e o seu obxectivo foi concienciar ao alumnado sobre a importancia da seguridade no traballo, identificando os riscos xerais aos que están expostos pero tamén os específicos das profesións nas que están formándose.

A directora do Obradoiro, Mª Carmen Vidal, sinala que se trata dun módulo “moi importante” xa que “dende o comezo deste proxecto estamos moi concienciados coa prevención de riscos laborais, velando pola seguridade dos participantes, que a vindeira semana pasarán os correspondentes recoñecementos médicos”.

O proxecto "Xóvenes II" é cofinanciado pola Unión Europea mediante o programa FSE+Galicia 2021-2027.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver