Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo acudiron a recibilos e a desexarlles un bo camiño

- Levan máis dunha década realizando esta actividade e sempre con parada en Valga

SalesianosVigo1

Valga, 18 de outubro de 2023.

Os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo recibiron este mediodía no Pino a un grupo de case sesenta membros do Colexio Salesiano María Auxiliadora de Vigo, que están a percorrer varias etapas do Camiño Portugués a Santiago e solicitaron as instalacións do albergue de peregrinos para descansar e xantar antes de continuar a ruta cara a Compostela.

O grupo está integrado por 54 estudantes de 3º curso da ESO e catro adultos acompañantes. Iniciaron a súa andaina onte en San Mamede da Portela (Barro) e cubrirán un traxecto de 58 quilómetros ata a Praza do Obradoiro, a onde teñen previsto chegar mañá.

Hai máis de dez anos que este centro educativo realiza esta actividade e sempre con parada no albergue de Valga, no que chegaron a pernoctar en varias ocasións.

Os concelleiros desexáronlles un bo camiño e que a experiencia sexa o máis atractiva e educativa para os mozos e os seus acompañantes.

SalesianosVigo2 SalesianosVigo3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver