Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Coros de Ribeira, O Rosal e Ourense acompañaron aos anfitrións da Polifónica Santa Comba de Cordeiro

- O tenente alcalde, Román Castro, e a concelleira Malena Isorna asistiron ao evento no Auditorio

Corais23 1

Valga, 7 de outubro de 2023.
Catro anos despois da súa última edición, o Festival de Outono de Corais deu protagonismo esta fin de semana á música vocal, reunindo no Auditorio Municipal a catro agrupacións de tres provincias galegas. Ademais dos anfitrións e organizadores, a Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro, pasaron tamén polo escenario o Orfeón Unión Ourensana, a Agrupación Musical do Rosal e a Polifónica Municipal de Ribeira. As catro ofreceron un repertorio propio e, para pechar o concerto, actuaron conxuntamente.

Os encargados de romper o xeo foron os membros do Orfeón Unión Ourensana, un coro con 136 anos de historia e dirixido por José Ramón Blanco Álvarez. Interpretaron un programa integrado polos temas “A sementeira”, “Meu amor é mariñeiro”, “A virxe de Portovello” e “Alecrín”.

Tomou o relevo a Coral da Agrupación Musical do Rosal, que este ano está a celebrar o seu vixésimo aniversario. Baixo a dirección de Toñi Santos Vaquero, interpretou as cancións “Sin ti”, “La tarde”, a tradicional sudafricana “Ipharadisi” e “Ruada de Chamosa”.

A Coral Polifónica de Ribeira, con máis de trinta anos de traxectoria e Alexandre Fontán como director, ofreceu ao público as pezas “Muradana”, “Antes de nacer”, “Latrica marica” e “Se chove”.

Por último, actuou a valguesa Polifónica de Santa Comba, que está integrada na actualidade por 37 músicos, presidida por Valentina Ferro e dirixida por Manuel López Castro. O seu programa de catro temas incluíu a popular “Sementeira”, con arranxos propios e que estrearon neste concerto, “De ronda”, “Time to say goodbye”, interpretada parte en inglés e parte en castelán, e “Vientos del Norte”. Acompañounos ao piano Paula Gago.

Como peche da gala, as catro corais e tamén o público asistente interpretaron conxuntamente cas cancións “Camino verde” e “Fisterra vai na proa”.

Ao festival, que cumpriu a súa décimo quinta edición, asistiron o tenente alcalde, Sito Román, e a concelleira Malena Isorna, que participaron no acto de entrega de agasallos ás corais participantes. En representación da Polifónica Santa Comba, Valentina Ferro, agradeceu o apoio de “todos os socios que nos acompañan día a día” e amosouse orgullosa de poder organizar este festival, que “continuará sempre que teñamos o apoio de todos”. A presidenta aproveitou para animar ás novas xeracións a que se integren no coro de Cordeiro. “Necesitamos relevo e que se vaia incorporando xente nova”, dixo, para que a agrupación poida asegurar a súa continuidade.

Corais23 2 Corais23 3

Corais23 4 Corais23 5

Corais23 6 Corais23 7

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver