Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os aprendices tamén construíron unhas escaleiras para dar acceso ás bancadas do auditorio ao aire libre

- Nesta área fluvial tamén renovaron cerca de 200 metros de varandas de madeira e crearon illas de contedores

ObradoiroBancos1

Valga, 26 de setembro de 2023.

Os integrantes do módulo de carpintería do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VI, baixo as directrices do experto docente a José Oliveira, remataron esta semana as actuacións que nos últimos meses desenvolveron na área fluvial de Vilarello e que supuxeron a renovación de boa parte das estruturas de madeira e a dotación de novo mobiliario. Entre este último, dous bancos de tres metros de longo cada un fabricados polos propios aprendices en madeira de abeto tratada. Teñen o respaldo en forma circular, adaptado á parede xunto á que están instalados, con vistas cara a zona da praia fluvial.

Nestas últimas xornadas de actividade do Obradoiro, que se clausura este venres, tamén construíron unhas escaleiras de subida ás bancadas do auditorio ao aire libre, facilitando deste xeito o acceso do público que asista aos espectáculos e actividades que alí se desenvolvan. Nestas mesmas bancadas tamén se renovaron a totalidade das varandas, que se atopaban deterioradas, ao igual que nas zonas de miradoiro. En total construíron e instalaron preto de douscentos metros de novas varandas.

As actuacións neste espazo natural completáronse coa construción de dúas illas para agrupar os distintos tipos de colectores do lixo e así favorecer a correcta separación de residuos. Os alumnos realizaron a cimentación das dúas illas, con base de formigón, e colocaron os balaústres e os listóns de madeira tratada en autoclave.

A segunda especialidade do Obradoiro de Emprego foi a de forestais, na que os aprendices realizaron traballos de acondicionamento en espazos verdes do concello coma o Parque Irmáns Dios Mosquera, na Praza do Concello, na Mina Mercedes, en Baño e na praia de Vilarello, entre outros.

ObradoiroBancos2 ObradoiroBancos3

ObradoiroBancos5 ObradoiroBancos4

ObradoiroEscaleiras6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver