- O portal, ao que se pode acceder dende o dominio valga.gal, mellora a operatividade para a realización de xestións e ofrece un mellor coñecemento do municipio

web

Valga, 12 de xaneiro de 2018.

O Concello de Valga puxo en funcionamento esta mañá a súa nova páxina web oficial, que pode consultarse no dominio www.valga.gal e que pretende ser unha canle de comunicación coa veciñanza máis funcional e operativa que a anterior, ademais de mellorar a súa estética para resultar máis atractiva aos internautas e facilitar a lectura.

Esta nova fiestra tecnolóxica pon a disposición da cidadanía as ferramentas precisas para un mellor acceso á información sobre aqueles aspectos de Valga que destacan pola súa relevancia, referentes á historia do municipio, equipamentos, actividades formativas, culturais, festivas, de lecer e, en definitiva, de novas municipais que se consideran de interese. Ademais, posibilita a realización de xestións e proporciona á cidadanía instrumentos para un mellor coñecemento do concello e dos servizos municipais. “Como servizo público, preténdese que esta páxina web sexa unha porta de entrada a todo tipo de suxestións, ideas e propostas por parte dos veciños, convertíndose así nun vehículo de comunicación próximo, eficaz e transparente que fortaleza e engrandeza a visión que temos do noso pobo co fin de seguir impulsando a Valga do futuro”, indica o alcalde, José María Bello Maneiro.

Deseñada polos servizos informáticos do Concello, a páxina www.valga.gal ofrece información sobre a organización municipal e os órganos de goberno, a historia de Valga e valgueses ilustres como a Bella Otero, o Pai Isorna ou Xesús Ferro Couselo, o patrimonio cultural, natural e relixioso da vila, os seus colectivos sociais e festas. Por outra parte e buscando unha maior accesibilidade, incorpora enlaces á Sede Electrónica, á radio municipal, a información sobre algunas das principais instalacións municipais como o Auditorio, a Casa da Cultura ou o CODI e ao rueiro de Valga, no que se poden buscar e situar sobre o mapa aloxamentos e establecementos de hostalería, áreas recreativas e recursos turísticos, centros deportivos e educativos, empresas, farmacias e o Centro de Saúde, oficinas bancarias, dependencias públicas, edificios relixiosos e paradas de taxis.

Desde un punto de vista técnico, a páxina adáptase ao formato dos distintos dispositivos (teléfonos smartphones, tablets e ordenadores) para facilitar a navegación en cada un deles.

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver