FUNCIÓNS DOS GRUPOS DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS (GES) ESTABLECIDAS NO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS, AS DEPUTACIÓNS PROVINCIAIS E OS CONCELLOS

- Intervir en incendios forestais e urbanos no ámbito territorial da súa demarcación.

- Definir e manter as redes de faixas de xestión da biomasa de prevención e defensa contra os incendios forestais de competencia municipal.

Investigar a propiedade das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa forestal en aplicación da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

- Prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, para crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal, mediante rozas en terreos forestais ou de influencia forestal da titularidade dos concellos ou de propietario descoñecido e perímetros e parcelas declaradas como abandonadas.

  As actuacións en materia de desbroces afectarán a:

           - Viais e camiños forestais, áreas cortalumes ou faixas de xestión da biomasa de titularidade municipal

           - Camiños reais e históricos

           - Superficies sobre as cales a entidade local teña cesión de aproveitamento, uso e/ou desfrute

           - Superficies de propietario descoñecido

           - Zonas de sevidume de camiños e valgadas dentro das zonas de xestión de biomasa

- Realizar actuacións de prevención da vespa velutina por seguridade da poboación, tales como control e retirada de niños, entre outra actuacións que contribúan á súa prevención.

- Prácticas preventivas naqueles camiños e espazos públicos que poidan ao mesmo tempo servir de corta lumes naturais ante calquera perigo de lume.

- Intervir en situación de risco e de emerxencia para manter a rede de estradas mediante a súa limpeza e retirada de obxectos, especialmente no caso de accidente, utilizando para elo os materiais e medios que se requiran.

- Intervir en situacións derivadas de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos, derrubamentos, corrementos de terra, situacións de seca, así como actividades de control fronte á vespa velutina por seguridade das persoas.

- Colaborar, e no seu caso intervir, en situacións derivadas de riscos inducidos polo home.

- Colaborar coas autoridades competentes en materia de protección civil en casos de aglomeracións de persoas en lugares e momentos determinados.

- Colaborar en calquera situación que implique riscos para persoas, bens ou medio ambiente.

- Colaborar nas funcións correspondentes dos grupos de acción establecidos nos plans de emerxencia municipal (PEMUS), plans de actuación municipal (PAM) e nos diferentes plans de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia previstos na normativa legal vixente.

- Realizar actividades e, no seu caso establecer medidas preventivas, que diminúan ou minimicen as situacións de riscos indicados nos apartados anteriores.

- Retirada de animais feridos, mortos ou abandonados que ocasionen un risco para a salubridade ou risco pola perigosidade debido á tipoloxía, raza, estado ou situación do animal.

- Eventualmente, axudarán a garantir a sanidade e a salubridade das persoas, dos espazos públicos e do medio ambiente, participando na limpeza e recollida de materiais nocivos que requiran ser retirados de xeito inmediato por ser un risco para as persoas, bens ou medio ambiente.

- Calquera outra en materia de protección civil, emerxencias e medio ambiente, servizos sociais, culturais, educativos e deportivos e outras da competencia municipal, vinculadas a unha situación de emerxencia ou prevención da mesma, ou calquera actuación necesaria para resolver unha situación de urxencia e interese público.

boton 112

boton policia

boton gc

boton pc

Volver