EXPEDIENTE DE SELECCIÓN DE FUNCIONARIO INTERINO: TÉCNICO DE ADMINISTRACION XERAL

FASE DE DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS DA FASE DE OPOSICIÓN: SEGUNDO EXERCICIO

 

No Salón de Plenos do Concello de Valga, sendo as 10.00 horas do dia 17 de xaneiro de 2019, reúnense as seguintes persoas, todas elas membros do Tribunal encargado de valorar as probas selectivas para cubrir a praza de FUNCIONARIO INTERINO, TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL vacante nesta Corporación.

— JUAN JOSÉ VIDAL VILANOVA, Presidente do Tribunal

— JUAN MANUEL SALGUERO DEL VALLE, Secretario do Tribunal

— BEATRIZ OVEJA VILLAFAÑE, Vogal do Tribunal

— MARIA TERESA ESCUDERO BARRAL, Vogal do Tribunal

— ROSA ANA GARCÍA FERNÁNDEZ, Vogal do Tribunal

De conformidade coas bases reguladoras da convocatoria da devandito praza, e previa convocatoria debidamente efectuada, proocédese á realización e posterior avaliación do segundo exercicio da fase de oposición de carácter práctico, a elexir entre dous casos propostos polo Tribunal, durante un período de 120 minutos. O enunciado do suposto será proposto polo Tribunal inmediatamente antes do comenzo do exercicio e versará sobre os contidos das materias comprendidas no temario da convocatoria.

 

Este exercicio constará dos dous apartados seguintes:

a) Consistirá en desenvolver por escrito 10 cuestións con resposta curta, relacionadas co enunciado do caso práctico elixido. 

Esta parte do exercicio será cualificada de 0 a 10 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de 5 puntos para superalo. Os aspirantes que non alcancen dita puntuación serán eliminados. O Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima. Todas as preguntas valóranse coa mesma puntuación. 

b) Cada aspirante deberá redactar un informe relativo ao suposto práctico elixido, valorándose o estilo de redacción, a capacidade de síntese e os razoamentos empregados para chegar á solución. 

Esta parte do exercicio será cualificada de 0 a 10 puntos, sendo necesario alcanzar un mínimo de 5 puntos para superalo. Os aspirantes que non alcancen dita puntuación serán eliminados. O Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima.

 

Para a resolución utlizarase a aplicación MS Oficce.

A puntuación total deste exercicio será de 20 puntos. os aspirantes que non alcancen as puntuacións mencionadas anteriormente nos dous apartados anteriores serán eliminados. 

Os aspirantes poderán levar copia do seu exercicio. Rematado o exercicio e antes da publicación das puntuacións, o Tribunal publicará a acta que acorda os criterios de corrección na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello de Valga.

 

Reunido o Tribunal acórdanse, previo consenso das dúas aspirantes convocadas, as seguintes cuestións:

1º) Distribución horaria. Tempo do exame:

Realización en primeiro lugar das preguntas curtas: 30 minutos

Realización en segundo lugar do informe xurídico: 90 minutos

2º) Posibilidade de utilización textos legais:

Autorízase o uso de textos legais sen lexislación comentada nin xurisprudencia nin doutrina, e só para o informe xurídico.

3º)Criterios de corrección do informe xurídico:

  • Estilo de redacción: ata un 20% do total deste apartado, valorando claridade de exposición, ortografía, aspectos formais do texto...
  • Capacidade de síntese: ata un 30% do total deste apartado.
  • Razoamento e solución: ata un 50% do total, valorando a interpretación e aplicación das normas xurídicas, exposición razoamento e fundamentación da conclusión final.

 

Rematada a realización do exercicio procédese á súa valoración co seguinte resultado:

    a) Cuestións con resposta curta:

              1. CHAPELA GALLEGO, MARÍA DOLORES           6,48 puntos

              2. MEZQUIRIZ MIGUEL, LAURA                         4,45 puntos (*)

(*)De acordo coas bases, o Tribunal por unanimidade dos seus membros declara eliminada á aspirante MEZQUIRIR MIGUEL, LAURA, por non acadar a puntuación mínima de 5 puntos esixida para proceder á corrección do segundo exercicio de esta fase, non procedéndose, en consecuencia á valoración do informe xurídico realizado por esta aspirante.

    b) Informe Xurídico:

              1. CHAPELA GALLEGO, MARÍA DOLORES          6 puntos (1+1+4)

 

Posteriormente, este Tribunal acorda o anuncio do resultado deste segundo exercicio, xunto cos criterios de corrección, a través da páxima web do Concello e o taboleiro de anuncios da Corporación.

RESULTADO FINAL DO SEGUNDO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN:

               1. CHAPELA GARCÍA, MARÍA DOLORES               12,48 PUNTOS

               2. MEZQUIRIZ MIGUEL, LAURA                            4,45 PUNTOS

Asemade, ao abeiro da base sétima da convocatoria, acórdase a publicación do resultado deste proceso selectivo, coa puntuación de todas as fases do mesmo (concurso + oposición), da aspirante que chegou á realización do derradeiro exercicio.

               1. CHAPELA GARCÍA, MARÍA DOLORES               32,38 PUNTOS

 

Á vista do resultado final o Tribunal, ao abeiro da base oitava da convocatoria, propón ao Sr. alcalde-presidente o nomeamento como técnico de administración xeral interina do Concello de Valga a Dna. CHAPELA GALLEGO, MARÍA DOLORES, DNI Nº 78735695-W, por ser a aspirante que obtivo a maior puntuación. 

A aspirante proposta deberá achegar ante o Concello de Valga, dentro do prazo de vinte días naturais dende que se publiquen as listas de aprobado, os documentos acreditativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria.

Se dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non presentase a documentación ou da mesma se deduce que carecen dalgún dos requisitos esixidos, non poderá ser nomeado, quedando anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade nas súas solicitudes de participación.

Os que tivesen a condicións de funcionarios públicos estarán exentos de xustificar as condicións e requisitos xa acreditados para obter o seu anterior nomeamento, debendo presentar únicamente certificación do organismo do que dependan, acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal.

O alcalde-presidente deberá nomear funcionaria á aspirante proposta no prazo de dez días a contar desde a terminación dos vinte días anteriores. O nomeamento mencionado publicarase no DOG e no BOP de Pontevedra. Unha vez publicado o nomeamento de funcionaria, esta deberá tomar posesión e incorporarse no prazo dun mes.

A aspirante proposta quedará suxeita, en todo caso, ao cumprimento das prescricións contidas na Lei 53/84, de 26 de decembro, sobre Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas e demais normativa aplicable.

O Presidente dá por rematada a Sesión ás 14.15 h horas do día da data/e no lugar indicado.

Acta en formato PDF

 

Volver