O prazo de matrícula para o vindeiro curso da Escola Municipal de Idiomas permancerá aberto ata o vindeiro 30 de setembro. As clases de inglés, de dúas horas semanais, comezarán o 1 de outubro e prolongaranse ata o 31 de maio de 2019, un tempo no que o alumnado se preparará para facer os exames oficiais Trinity College e Cambridge. 

Ofrécese a posibilidade de crear un grupo de adultos. Para iso debe contarse con un mínimo de oito persoas matriculadas. Tamén se ofertan outros idiomas como o francés e o alemán, sempre que haxa inscritos suficientes para formar grupo.

As matrículas poden tramitarse no Auditorio Municipal ou poñéndose en contacto co Centro Waterford a través do teléfono 986 85 12 25 ou do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

20180606124608 00002

boton cemit

Volver