AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional emitiu a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21, que regula as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino: participación no fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria; axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de Educación Primaria e en Educación Especial; e axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial.

O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 19 de xuño de 2020.

As solicitudes:

- Poden presentarse de forma telemática na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (accedendo á aplicación Fondolibros).

- Poden presentarse nos respectivos centros educativos. Neste caso deberán imprimir a solicitude e o Anexo II e entregalos no centro debidamente asinados, xunto coa documentación.

Descarga da solicitude e os anexos

 

boton cemit

Volver