Nenos de entre 5 e 14 anos de idade poden participar no Campus Fútbol Base que organiza o Cordeiro C.F. coa colaboración do Concello e que se desenvolverá entre os días 25 e 29 de xuño nas instalacións deportivas municipais de Campaña.

Esta actividade quere fomentar a práctica deportiva, en concreto a do fútbol, entre os máis novos, pero tamén incentivar a súa responsabilidade e os valores de convivencia. Adestramentos e outros xogos axudarán aos rapaces a desenvolver e mellorar os fundamentos técnicos e tácticos do fútbol, tanto colectivos como individuais, promovendo valores como o compañeirismo, o xogo limpo, os bos hábitos alimentarios e a hixiene, entre outros. Deste xeito, o campus non só ten unha compoñente deportiva, senón que se plantexa tamén como unha actividade didáctica.

O prazo de inscrición para rapaces nacidos entre os anos 2004 e 2013 permanecerá aberto ata o vindeiro 20 de xuño. Os nenos que forman parte das categorías base do Cordeiro C.F. teñen que comunicarllo aos responsables do seu grupo e os que non pertenzan ao clube poden chamar aos números de teléfono 606 944 868 ou 629 380 594.

Campuscartel

Volver