Os Encontros Interxeracionais chegan á súa décima edición, que dará comezo o vindeiro mércores, 25 de abril, coa sementeira do trigo.

A actividade terá lugar a partir das 11 da mañá en Ferreirós e reunirá a maiores e nenos en torno á recuperación das tradicións agrarias e para a conservación do patrimonio cultural. Participará alumnado dos colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo, e tamén do Centro Rural Agrupado (CRA).

Nesta iniciativa, organizada polo Concello e que promove a convivencia entre distintas xeracións de valgueses a través das lembranzas e a experiencia dos maiores, colaboran os colectivos A Eira, Axentiva, Asdivalu e a asociación de mulleres rurais Albor.

SEMENTEIRA

Volver