Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A compañía Ciencia en Movemento desenvolveu na biblioteca Pai Isorna este obradoiro de divulgación científica

- Foi a última actividade programada polas bibliotecas municipais para fomentar a lectura durante este verán

cienciaa1

Valga, 13 de agosto de 2018.

A biblioteca Pai Isorna converteuse esta mañá nun Museo Científico formado por máis de vinte obxectos co lema "Prohibido non tocar". Esta actividade de divulgación científica da compañía Ciencia en Movemento foi o último obradoiro programado polas bibliotecas municipais para fomentar a lectura entre os máis novos durante este verán.

Espertar a curiosidade dos rapaces e que realizasen os seus primeiros experimentos cos que aprender xogando era o obxectivo da actividade, e abofé que o conseguiu xa que os nenos da Escola de Verán comprobaron, sorprendidos, como a ciencia cambia e inflúe en moitos aspectos da súa vida cotiá.

Descubriron, por exemplo, que os panais das abellas son auténticas obras de enxeñería e que as pompas de xabón, aínda que poden pasar por un simple xogo de nenos, agochan moitos segredos centíficos que poden axudar a resolver problemas matemáticos sobre o espazo.

Tamén averiguaron o funcionamento de obxectos como o péndulo de Newton, que demostra as leis de conservación do movemento; o diábolo de Descartes, no que se unen os principios de Arquímedes e Pascal, os mesmos que se aplican á flotabilidade dos submarinos; ou un compás como o que fascinou a Albert Einstein con 5 anos e que marcou o inicio do seu interese pola ciencia.

A bola de plasma, que xera corriente alterna de alta voltaxe, e os seus efectos lumínicos ao tocala foi un dos obxectos que máis abraiou aos rapaces, que coñeceron algúns inventos que marcarán o futuro, como a impresora 3D, e materiais revolucionarios como o grafeno, 200 veces máis resistente que o aceiro.

cienciaa2 cienciaa3

            cienciaa4                              cienciaa5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver