Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os bares e restaurantes inscritos ofrecerán aos seus clientes tapas gratuítas de anguía os días 25 e 26 de agosto

- As persoas que degusten cinco ou máis pinchos entrarán no sorteo de dez vales de compra de 30 euros

tapaa

Valga, 6 de agosto de 2017.

A quinta edición da ruta concurso “Tapa á Anguía” contará coa participación de oito establecementos de hostalería de Valga que durante a última fin de semana de agosto ofrecerán aos seus clientes de xeito gratuíto coas consumicións pinchos e aperitivos cuxo ingrediente principal será este peixe típico do río Ulla, un dos produtos protagonistas da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País que terá lugar o sábado día 25.

Os establecementos participantes son os bares Alba, Couceiro, Juan, Maneiro, O Pontellón, Potel, a cafetería do Auditorio e a pastelería Caprichos. O Concello facilitaralles a anguía para que os cociñeiros poidan preparar o produto seguindo a receita elixida en cada caso.

As persoas que completen a ruta ou que reúnan cando menos cinco selos doutros tantos bares poderán votar pola súa tapa preferida nas urnas que haberá nos propios locais de hostalería e, deste xeito, entrarán no sorteo de dez vales de compra de 30 euros que poderán gastar nos comercios locais.

A votación popular terá un peso do 50% na elección da tapa gañadora, mentras que o outro 50% recaerá sobre un xurado que percorrerá todos os establecementos participantes para degustar as súas preparacións. O bar que elabore a mellor receita recibirá o Mandil de Ouro e o segundo e terceiros clasificados, os mandís de Prata e Bronce.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver