- A actividade dividirase en dúas modalidades: linedance, de práctica individual, e bailes de salón, para parellas

- As persoas interesadas poden obter máis información a través do teléfono 698 150 432

AlecrinWeb

Valga, 15 de setembro de 2022.

A Casa da Cultura de Valga acollerá este sábado un obradoiro de baile gratuíto promovido pola Asociación Cultural Taller Alecrín, coa colaboración do Concello. Esta iniciativa pretende difundir e promocionar o baile como actividade que fomente os hábitos saudables, tanto a nivel individual como de parella.

O taller “Baila con nós” terá lugar a partir das 20 horas e dividirase en dúas modalidades: Linedance, de práctica individual, indicado para persoas que queiran ter unha toma de contacto cos diferentes ritmos de baile, tanto latinos coma modernos; e Bailes de Salón, modalidade encamiñada á práctica en parella. Francisco Muñiz será o encargado de dirixir ambos obradoiros.

As persoas interesadas poden obter máis información a través do teléfono 698 150 432 ou do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Alecrín

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver