Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As parroquias de Cordeiro e Xanza son as que rexistraron un maior número de solicitudes veciñais

- O Concello pide aos responsables das cacharelas que extremen a vixilancia para evitar incidentes

fogueir

Valga, 22 de xuño de 2022.

O Concello de Valga tramitou un total de 146 solicitudes de permiso para fogueiras de San Xoán, unha cifra moi superior á dos últimos anos, incluso antes da pandemia, cando o número anual de autorizacións rondaba as cen.

A parroquia que rexistrou un maior número de solicitudes veciñais foi a de Cordeiro, cun total de 48, seguida de Xanza con 36. En Campaña están autorizados 28 lumes, en San Miguel de Valga 21 e en Setecoros 13. O prazo de solicitude rematou onte ás 14:30 horas.

Para cumprir coa tradición na noite máis curta do ano, os veciños tiveron que cubrir un impreso nas oficinas municipais indicando a parroquia e o lugar no que se realizará a fogueira, quedando esta baixo a responsabilidade do solicitante que, coa súa sinatura, se compromete a adoptar as medidas de seguridade necesarias para evitar incidentes e escapes do lume e a cumprir as normas sanitarias que están en vigor.

O listado completo de cacharelas autorizadas foi posto en coñecemento do Servizo de Defensa contra incendios do Distrito Forestal XIX Caldas-Salnés e dos servizos de emerxencias, que farán un seguimento para evitar posibles incidentes.

As normas de seguridade que deben cumprir as persoas que vaian a celebrar o San Xoán co acendido de fogueiras son as seguintes:

  • Non facer moreas dunha altura excesivamente elevada para evitar problemas de seguridade
  • Non facer a fogueira preto de lugares con vexetación
  • Con exceso de vento non prender a fogueira
  • Evitar usar nas cacharelas materiais que co vento poidan provocar un incendio (ramas de eucalipto, papeis, etc.)
  • Ter auga preto para actuar ante posibles escapes do lume
  • Non utilizar na fogueira materiais contaminantes (pneumáticos, aerosois, etc.)
  • Deixar a fogueira completamente apagada antes de marchar
  • No caso de ter problemas debe chamar ao 085 ou ao 112 (a chamada é gratuíta)

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver