- É a de grupos de 3 a 10 membros que, en anteriores edicións, competían xunto ás comparsas
- O certame, que terá lugar o día 10 de marzo, reparte un total de 2.740 euros en premios
Valga, 21 de febreiro de 2019.
O desfile de Entroido, que organiza a Concellería de Cultura e que terá lugar o vindeiro domingo 10 de marzo, incorpora unha nova categoría: a de grupos de 3 a 10 membros que, ata o de agora, competían xunto ás comparsas e facíano en situación de desigualdade. Con esta nova categoría preténdese equilibrar a distribución de premios e, sobre todo, fomentar a participación dos veciños de Valga no certame, que repartirá este ano 2.740 euros nun total de 21 premios.
Ademais dos galardóns aos mellores disfraces individuais, por parellas, en grupos ou comparsas, tamén se outorgará, como é habitual, un premio único de 100 euros á mellor caracterización dun veciño ou veciños de Valga, categoría na que só poderán participar persoas censadas no municipio. Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller introdúcese, por último, un premio de 50 euros ao mellor disfrace dunha muller representativa da historia.
O concurso celebrarase nas inmediacións do Auditorio Municipal. As inscricións faranse o mesmo día do desfile a partir das cinco da tarde e a continuación, arredor das 17:30 horas, os participantes amosarán os seus disfraces ao público e ao xurado nun pequeno percorrido por Ferreirós.
O xurado estará presidido pola concelleira de Cultura, Mari Carmen Castiñeiras, e integrado por representantes de distintas asociación culturais de Valga. Valorarán a orixinalidade, o bo gusto e o traballo na realización dos disfraces.
Os premios estarán dotados coas seguintes cantidades:
INFANTÍS (ata 14 anos)
Individual:
- 1º Premio: 40 euros
- 2º Premio: 30 euros
- 3º Premio: 20 euros
- 4º Premio: 10 euros
Parellas:
- 1º Premio: 50 euros
- 2º Premio: 30 euros
Grupos (de 3 a 10 membros):
- 1º Premio: 75 euros
- 2º Premio: 50 euros
Comparsas (a partir de 10 membros e sendo, como mínimo, o 80% dos integrantes nenos):
- 1º Premio: 150 euros
- 2º Premio: 75 euros
ADULTOS (a partir de 15 anos)
Individual:
- 1º Premio: 80 euros
- 2º Premio: 50 euros
Parellas:
- 1º Premio: 130 euros
- 2º Premio: 50 euros
Grupos (de 3 a 10 membros):
- 1º Premio: 200 euros
- 2º Premio: 100 euros
Comparsas (a partir de 10 membros e sendo, como mínimo, o 80% dos integrantes adultos):
- 1º Premio: 800 euros
- 2º Premio: 500 euros
- 3º Premio: 150 euros
Mellor disfrace de Valga (só censados en Valga):
- Premio único: 100 euros
Mellor disfrace de mulleres representativas da historia (premio especial con motivo do Día da Muller):
- Premio único: 50 euros