Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mostra, que inauguraron esta tarde o alcalde e o artista do Forno, está integrada por unha vintena de obras

- Retratos da Bella Otero, Frida Kahlo ou Freddie Mercury, entre outros, poden verse ata o día 21 de febreiro

DSC 0381

Valga, 1 de febreiro de 2018.

A sala de exposicións do Auditorio Municipal continúa a dar cabida a artistas noveis, neste caso David Castiñeiras Jamardo, veciño do Forno, que amosa algúns dos seus debuxos feitos con grafito e carbón.

“Máis que un lapis”, a primeira exposición que protagoniza este mozo valgués de 30 anos de idade, recolle unha vintena de obras, dende retratos de personaxes como David Bowie, Freddie Mercury, Frida Kahlo ou a bailarina Bella Otero, ata rostros anónimos debuxados tomando fotografías como modelo. 

O alcalde, José María Bello Maneiro, e David Castiñeiras inauguraron esta tarde a mostra, que pode verse ata o día 21 de febreiro. Acompañáronos as concelleiras Begoña Piñeiro e Carmen Gómez, os pintores locais Ángeles Garrido e Pepe Potel e o presidente da asociación Adeval, José María García. O rexedor transmitiu ao artista os parabéns en nome do goberno municipal e dos veciños de Valga en xeral polo seu traballo, do que “podes estar moi orgulloso”, díxolle. Ademais, manifestou a súa ledicia porque “outro artista de Valga expoña no Auditorio”.

Autodidacta, David Castiñeiras é dende rapaz afeccionado ao debuxo, se ben hai arredor de dous anos que decidiu centrarse máis nesta disciplina artística e, máis en concreto, no retrato, xa que con el “consigo expresar o que sinto”. “Máis que un lapis” recolle debuxos deste último período e agarda que o público goce vendo as súas obras “tanto como o fixen eu mentras as pintaba”. Aínda que non están ordenados cronoloxicamente, “si que se percibe unha evolución e iso é o que me anima a seguir adiante”, endade.

DSC 0404 DSC 0430 DSC 0460

Máis fotos: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.213746535840474.1073741954.131969484018180&type=1&l=2e18e6cc47

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver